O GDR “OS SETE CASTROS” PON EN MARCHA UNHA GUÍA DE EMPRESAS DA COMARCA DE SARRIA

Dende o  GDR “Os Sete Castros” estase a traballar na elaboración dunha GUÍA DE EMPRESAS DA COMARCA DE SARRIA. Esta Guía de Empresas constitúe unha ferramenta de promoción do territorio que permitirá, entre outras cousas, dar a coñecer a actividade empresarial no propio territorio, xa que son  moitos os que descoñecen toda a oferta de produtos e servizos que se ofrecen na comarca, así como potenciar o turismo de compras entre visitantes, e fomentar o establecemento de sinerxias entre os distintos sectores económicos.

A Guía aglutinará  todas as empresas con domicilio social nalgún dos municipios que integran a Comarca (Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos, Sarria e Triacastela) organizadas por sectores de actividade.

A inclusión dos datos na guía é GRATIS para todo aquel empresario que queira participar na mesma, sendo requisito previo a remisión dos datos comerciais por medio desta autorización, tendo que ser enviada a ossetecastros@gmail.com antes do 8 de xuño.

AUTORIZACIÓN INCORPORACIÓN DATOS GUÍA

A Guía editarase en formato papel para ser distribuída polos diferentes municipios e tamén en formato dixital para a súa divulgación mediante as páxinas web dos sete concellos.

Dende o GDR, considérase este proxecto como unha interesante oportunidade de cara a promocionar as empresas e o comercio da comarca tanto no territorio como fora del e por tanto esperase que sexa un éxito e que as empresas se inclúan en practicamente toda a súa totalidade.

O GDR “OS SETE CASTROS” PON EN MARCHA UNHA GUÍA DE EMPRESAS DA COMARCA DE SARRIA