Ponte de Carracedo
Atopámonos ante un dos monumentos máis representativos do Concello. Hai estudios que din que se remonta a unha orixe romana, teoría que reafirmaría a presenza dunha antiga vía romana, coñecida como “Camiño dos Romanos”.
A súa estructura é medieval. Presenta catro arcos de medio punto de sillería granítica, sendo os dous primeiros os únicos que con niveis normais de auga estarían dentro do teito do río e actuando os dous restantes como desaugadoiros. Contaba cun pequeño templete de dous corpos que albergaba a imaxe de S. Miguel. Según o dito popular cobrábase a pontaxe ós caminantes e carreiros e ó pé da ponte había un vao que obrigatoriamente tiña que ser atravesado por carros e gando na época de estío para evitar o deterioro da ponte.
A rasante da ponte é de dobre pendente, con tramos desiguais, producíndose o cambio no pilar situado entre os arcos principais.
Foi reparada na primeira metada do século XVII, pois sábese dun reparto realizado pola Real audiencia de Galicia en 1640 para o pagamento das obras realizadas
Segundo o trazado desta antiga vía romana, moitos peregrinos desviábanse do Camiño Francés no lugar de Lamas de Viduedo, pasando polo Furco, Galegos, Carracedo, Bande e Hospital de Chamoso na búsqueda da cidade amurallada.
O uso da ponte cónstanos que era frecuente no século XVIII, como demostra o feito de ser utilizada cada xoves como punto de encontro do correo procedente de Sarria, Monforte e Ourense, co resto de Galicia, para dende alí ser enviado á corte de Castela. Os domingos pola noite recollíase o que viña de volta “de dicha corte y más partes de Castilla” (según o protocolo de D. Joseph Antonio de la Peña Somoza de 1756, que se atopa no Boletín da comisión de Monumentos de Lugo, Tomo IV).
Tamén foi utilizada polo Padre Sarmiento na súa viaxe a Galicia de 1745.
Foi restaurada nos anos 90 respetando a súa pecualiar traza (de lomos de mula).
Pazo de Láncara
Está situado no lugar de S. Pedro de Láncara e conta cunha longa tradición histórica.
No século XVI cando a edificación era soamente unha fortificación, son donos de Láncara Beatriz de Castro e o seu cónxuxe D. Pedro bolaño Ribadeneira.
Cando o pazo pasou a mans de Dna. Ana Pimentel Ribadeneira e D. Alonso Yebra constrúese a edificación que vemos hoxe.
A diferencia doutros pazos da época este non ten capela xa que a iglesia de S. Pedro atópase a poucos metros do lugar. Dende finais do século XVI, os membros desta familia disfrutaron dos dereitos de patronazgo sobre a iglesia e tiveron o privilexio de enterrarse no presbiterio, nunhas sepulturass empotradas baixo un arcosolio nos laterais da capela maior.
Éste pasará a ter a súa maior importancia e prestixio a comenzos do século XVIII. Foi pasando por mans de varias familias nobles ata que finalmente é doado á Diputación da Coruña, a cal o vendería en subasta pública e sendo adquirido polo industrial alemán William Putzer, que pon en marcha un melloramento da casa. Actualmente está destinado a turismo rural.
O edificio é unha construcción de corte palacial, con patio interior e torreóns na fachada, que orixinalmente non tiñan a mesma altura pero que a raíz do proceso de restauración ó que se someteu o pazo foron igualados.
A fachada principal, orientada ó sur, é a parte máis importante de todo o conxunto e a diferencia do resto da construcción foi realizada en sillería. Do deseño chama a atención a combinación dos volumes das torres cun corpo central máis baixo e lixeiramente retirado, concebido cun carácter aberto, de loggia, que contrasta co aspecto cerrado e robusto dos torreóns. Unha triple arcada sobre pilares decorados con plásticas molduras dá acceso a un paseo porticado que permite o paso ó patio e ós cuartos das torres. A porta principal repite o deseño das guarnicións con orelleiras típicas do gusto barroco, pero a execución da obra resulta moi tosca e o modelo parece un referente demasiado lonxano.
Maior destreza presentou o canteiro no piso alto, que por ser a parte nobre recibiu un tratamento decorativo esmerado. Sobre as arcadas da parte baixa ábrense tres balcóns con montante e balaustrada en pedra. A ambolos dous lados do vano central atopamos os escudos con armas do linaxe timbrados, como corresponde ós cabaleiros fidalgos , con xelmos de aceiro bruñido e viseira entreaberta, mostrando sete rexillas de prata, como era propio de aqueles que desempeñaran cargos na corte ou o exército.
As torres manteñen o carácter defensivo que orixinalmente xustificou a súa presenza, pero carecen do sentido monolítico propio das construcción renacentistas.
Do resto das fachadas do pazo, a única que ten interés é a que dá ó xardín e que é fruto dunha reforma posterior, na que se ampliou a casa coa construcción dunha terraza de considerables dimensións á altura do primeiro piso. Unha escaleira monumental en pedra, de complicada traza, facilita o acceso dende o xardín ó edificio.
Tamén merece especial atención o zaguán, que en principio é o elemento distribuidor do conxunto que comunica as principais dependencias da planta baixa e da parte alta. O seu trazado non é regular e pertence a dous momentos constructivos diferentes. O lado norte e o occidental é o resultado da superposición de dous corredores adintelados sobre columnas dóricas de fuste liso, mentres que nos outros dous lados non existen corredores e as fachadas teñen un carácter doméstico con vanos distribuidos de forma anárquica.
Do zaguán parte a escaleira de pedra que permite o acceso ó piso superior e que é un dos poucos elementos orixinarios que se conservan no interior do edificio.
Casa Grande de A Pobra de S. Xiao
O pazo na actualidade é propiedade de D. Luís Fernando Quiroga y Piñeyro. Casado con Dna. Mª Ferro de las Heras, é unha construcción cuio orixen se remonta ó S. XIV, inspirado nos modelos de épocas medievais e de señores de guerras e conquistas premiados coa nobreza, sendo xa naquela época na que figura como señor do Pazo o apelido Quiroga.
A arquitectura dos Pazos era campesiña e monástica ó mesmo tempo e adaptaba os elementos constructivos a tódalas necesidades da vida. A pedra, a madeira e a pizarra son os únicos materiais utilizados en levantar este inmoble de 2500 m² de superficie habitable, emplazado nunha finca rodeado como de costume dun muro tamén de pedra e que albergaba outros servizos como cabalerizas, establos, forno, bodegas e almacéns de gran, así como os clásicos pombais, de tal maneira que os facía autosuficientes.
A Capela do Pazo, que naqueles tempos se asentaba en comunicación coa casa e era de construcción privilexiada, disfruta de permisos de sete Papas da Igrexa Católica de Roma para oficiar misa e ter exposto o Santísimo Sacramento, ademáis dunha reliquia da Sta. Cruz. Asimesmo son dunha importancia moi relevante as enormes pinturas que representa as distintas etapas do Viacrucis hacia o Calvario, como tamén o son os retratos de personaxes relacionados con este Pazo.
A propiedade do Pazo sempre estivo en mans dos ancestros da familia Quiroga a través de persoeiros ilustres e de relevancia social e política, como foron os casos de Luís López Ballesteros, Ministro de Facenda na época de Fernando VII. A súa filla casou con José Quiroga e deste matrimonio naceu Benigno Quiroga López Ballesteros, que foi nomeado Gobernador de Filipinas e Ministro da Gobernación durante o reinado de Alfonso XII.
O pazo atópase en perfecto estado de conservación e da súa construcción destaca o característico torreón pola súa antigüedade e o seu aspecto rústico e sinxelo de todo o perpiaño de pedra, se ben non era común nos pazos do interior de Galicia.
No patio central destacan os arcos da entrada e as escaleiras que dan acceso á entrada principal e nas que se aprecia o desgaste dos séculos. A cociña coa súa “lareira” dunha superficie duns 200m² e equipada con tódolos útiles necesarios para levar a cabo os procesos das famosas matanzas dos porcos e as despensas de almacenaxe e dasalazón, as cales son pegadas irrefutables de épocas lonxanas que caracterizaban unha determinada cultura galega. Tamén son interesantes as zonas de emprazamento do forno do Pazo, o anllar, varios establos e as cabalerizas que agora se utilizan para distintos tipos de celebracións e nas que se aprecia con detalle histórico as características máis xenuinas da construcción da época.
Resulta especialmente interesante a balconada central sobre o portalón da entrada forxado cos ferros das cercanas minas de O Incio, xa explotadas naqueles lonxanos anos do Medievo.