Nas dependencias do xulgado, situadas no baixo do edificio da Casa Consistorial, estamos de 10h a 2h da mañá, levando a cabo tanto tarefas relacionadas co Rexistro Civil como as propias do Xulgado.
Dentro do que se refire ó Xulgado, ocupámonos das Conciliacións.
Ademáis disto, cooperamos a nivel Nacional cos distintos Xulgados de 1ª Instancia, Instrucción, Penal e Audiencias en canto a Notificacións, Requerimentos, Citacións, Emprazamentos, Declaracións, Retirada de permisos de conducir, etc…
No que afecta a tarefas pertencentes ó Rexistro Civil as labores que se levan a cabo nestas dependencias son as seguintes:
- Expedir Partidas de Nacemento, Matrimonio, Defuncións.
- Licencias de Enterramento
- Matrimonios Civís
E, en xeral, todo o relacionado co asentamento nos diferentes libros de :
- Divorcios
- Separacións
- Capitulacións
- Matrimoniais
- Incapacidade
- Tutelas
- Recoñecemento de fillos
- Cambios de nome ó galego
- Rectificación de erros
Ó mesmo tempo existe unha cooperación , en canto ó envío de documentación, con diferentes Institutos, como pode ser o Instituto Nacional de Estadística, da Seguridade Social, e o Censo Electoral.
Se precisas calquera dos documentos que mencionamos anteriormente ou estás nalgún dos casos anteriores, achégate ás dependencias do xulgado.