Eventos de Interese

Feiras

O día 24 de cada mes celébrase a feira en Láncara, con carácter gastronómico. Os días 2 e 17 de ten lugar a feira da Póboa de San Xiao, de carácter gastronómico e comercial (porcino principalmente).

Tenreira Galega

A Feira Anual da Terneira Galega ten lugar no concello de Láncara o Primeiro de Maio. Celebrada no recinto ferial da Póboa de San Xiao conta de ano en ano con un maior número de visitantes, o que convirte este evento nun referente para toda a comarca.

San Roque

Celébrase o terceiro fin de semana de Agosto.

Festa San Roque

Premio Ramón Piñeiro "Facer País"

O Premio Ramón Piñeiro “Facer País”, está organizado pola Asociación Cultural Val de Láncara en colaboración con outros colectivos da comarca, e lévase organizando dende o 2002. Recoñece a labor de persoas ou entidades que destacaron pola promoción, defensa e vertebración de Galicia en calquera manifestación cultural, económica ou de creación ó largo de toda unha vida ou con meritoria constancia no tempo.

O premio carece de dotación económica, e consiste na entrega ó gañador dunha obra de arte dalgún creador galego nun acto solemne que se celebra nos lugares de Carracedo e Láncara.

Dentro dos premiados destacan persoeiros como Neira Vilas, Luís Tosar, Isaac Díaz Pardo, Beiras, Marica Campo, A. Fernández Paz ou Milladoiro.

Premio Ramón Piñeiro "Facer País"

Festa da Malla

Organizada pola Asociación Val de Láncara, celébrase esta festa na que se recorda esta tarea agrícola tradicional. O obxectivo é separa-los graos de trigo da espiga e da palla, para posterioremnte obter fariña dos graos de millo para facer pan.Dende fai uns anos esta xornada festiva conta ca participación en masa dos veciños, e coa curiosidade dos máis novos do lugar. Todos participan de xeito activo nunha xornada na que traballan, xantan, e disfrutan da festa xuntos.

Festa da Malla