O Concello de Láncara dispón dun servizo de orientación e inserción laboral dirixido tanto a persoas desempregadas como a aquelas outras que desexen mellorar a súa situación laboral.
Deste xeito, reciben información sobre as posibilidades e os recursos existentes no territorio para a busca de emprego e para a a súa posterior inserción sociolaboral, ao tempo que coñecen as opcións formativas (cursos, xornadas, seminarios...) ás que poden ter acceso.
Algunhas das accións no Servizo de Orientación Laboral son:
- Análise do mercado de traballo
- Diagnótico de empregrabilidade
- Itinerarios de inserción laboral (IPI)
- Técnicas de busca de emprego
- Asesoramento e información formativa
- Solicitude de cursos de formación ocupacional
- Asesoramento e información profesional
- Información das actuacións que leva a cabo o Servizo Público de Emprego
- Información sobre bolsas
- Convocatorias públicas de emprego
- Directorios de Empresas
- Asesoramento sobre anuncios de ofertas, ofertas concretas e autocandidatura