Persoeiros Ilustres

PERO DE ARMEA

Según o filólogo e historiador Menéndez Pidal, Pero de Armea foi un trovador do século XIII, nacido no lugar de Armea (Láncara).

Así como outros poetas do seu tempo, para chamar a atención ou actuar en público, acostumaban a poñerse nomes finxidos e frecuentemente diminutivos, a él bastoulle o sonoro nome de pila, ó que engadiu o da súa aldea natal “Armea”.

Foi un trovador no sentido clásico da palabra, o cal non quita que á súa vez non fose xograr, é dicir, él mesmo compoñía e executaba as súas poesías acompañado de instrumentos musicais.

A súa especialidade eran as cantigas de amor e as de amigo. Toda a súa labor foi poética. No “Cancioneiro da Vaticana” figuran as súas 17 poesías.

Aquí amosamos uns versos:

E porque é deus o máis sabedor

Do mundo, fezme vos tal ben querer

Cual vos eu quero, e fez a vos nacer

Máis fermosa, e fezvos a mellor

Dona do mundo e do meu ser.

Vedes, señor, se al disser alguén

Con verdade non vos pode el dizer.”

 

ANTONIA DE RIVA DE NEIRA

É mencionada por Rivas Reija como cabeceira do linaxe máis antigo do coto de S. Martín de Oleiros. Foi “Princesa de Santa Rosolea”, según o título concedido por Dona Mariana de Austria e o seu fillo Carlos II ,el Hechizado, en 1670, para a Sicilia ulterior (Nápoles).

Nace na Pobra de Aday. Xa na corte, criou ó rei Carlos II. Foi confidente de Dona Mariana, e cando esta foi desterrada a Toledo e logo a Sicilia, acompañouna no seu desterro.

 

OS SÁNCHEZ DE YEBRA

Rivas Reija menciona ós irmáns Pedro e José Sánchez de Yebra, o primeiro deles abogado e xuíz de apelacións en Santiago, e Capitán de Dragones o segundo, señores da Casa de Quintela de Trasliste, na segunda metade do século XVIII.

 

ANTONIO LÓPEZ QUIROGA

Según Amor Meilán, Antonio López Quiroga naceu en Agrolazas-Bande e desempeñou altos cargos nalgunhas catedrais de España. Foi auditor de número do Supremo Tribunal da Rota e Sumiller de Cortina do Rei Alfonso XII, o cal lle tiña moita estima. Morreu en Madrid, o 23 de xuño de 1886.

 

ANTONIO LÓPEZ QUIROGA Y SOMOZA

Naceu en S. Salvador de Sarria o 5 de agosto de 1876 e faleceu en S. Pedro de Bande o 5 de agosto de 1949. Seu pai foi secretario do Concello de Láncara. Súa mai procedía da familia De La Rota, da casa grande de Sarria.

Aínda que comenzou estudios sacerdotales no Seminario de Lugo, logo adícase a ebanistería na súa propiedade de S. Pedro de Bande, na casa “Das Agrolazas” (nome dado por ter unha gran extensión de terreo). Posteriormente adicouse á súa maior aficción, a construcción de gaitas utilizando un torno manual xa que naqueles intres non había enerxía eléctrica. Para a fabricación das gaitas utiliza a madeira de mirto. Constrúeas con “fol” de seda e adórnaas con aneis de prata e cintas de seda. A cotización das súas gaitas era de 700 pts. da época. Moi pronto comenza a extenderse a súa fama e recibe encargos de Monforte, A Coruña, Barcelona, etc. Chegará a regalar unha gaita ó rei Alfonso XIII. Gran afeccionado á música, tiña unha gramola na que escoitaba música que logo tocaba de oído. Seguiu confeccionando gaitas ata a súa morte. Un grupo de gaitas acompañouno cando recibiu sepultura no cemiterio parroquial de S. Pedro de Bande.

 

ALFONSO CELA VIEITO, CELITA

Naceu en S. Vicente de Carracedo o 11 de xullo de 1885 e morreu o 26 de febreiro de 1932 en Madrid.

De familia humilde, emigrou a Madrid no ano 1896 e alí aprendeu o oficio de carniceiro.

A súa vida de matador comenzou na plaza de touros de Segovia. Toreou unha corrida concurso e gañou o premio ofrecido ó que mellor torease ( un capote de paseo tasado en 6000 pts. da época).

Foi novilleiro entre o 1906 e o 1912. Nese ano decide tomar a alternativa, o 15 de setembro na Coruña, con Manolo Bienvenida de padriño. Pouco máis tarde confirmou en Madrid, con Agustín García Malla como padriño. No ano 1916 chegou a participar en 23 corridas de touros.

Ó longo da súa carreira logrou triunfar nas prazas de Barcelona, Sevilla e México. A súa última corrida foi en Madrid, o 25 de xuño de 1922.

Foi o primeiro matador de touros galego

A título póstumo no ano 2013 nomeouse Fillo Predilecto de Láncara.

 

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ

Ramón Piñeiro López naceu en Láncara (Lugo) en 1915. Despois de cursar na capital de provincia o Bacharelato elemental, volta á súa vila para axudar nas tarefas agrícolas familiares e en 1930 comeza a traballar en Sarria. En 1931, ano da proclamación da República, terá a oportunidade de asistir nesta vila a diferentes actos electorais. Un ano despois Piñeiro regresa a Lugo para estudar o Bacharelato superior e, influído por un mitin do recén creado Partido Galeguista, Ramón participaría na creación da Mocedade Galeguista de Lugo, sendo elixido na altura secretario de Cultura (máis tarde chegaría a desempeñar o cargo de presidente). A partir deste momento Piñeiro entra nun período de intensa actividade política que o levaría a exercer en 1936 como secretario do Comité Provincial do Estatuto de Autonomía organizado polo Partido Galeguista.

Tras a guerra civil comeza a cursar Filosofía e Letras en Compostela e Madrid. Porén, Piñeiro, máis preocupado pola reagrupación clandestina do galeguismo, abandonaría definitivamente estes estudos. Cando a finais de 1945 os nacionalistas cataláns, bascos e galegos deciden tratar co goberno republicano exiliado en Francia, Piñeiro será designado como representante galego naquela xestión. De regreso sería detido e condenado a seis anos de prisión, dos cales cumpriría tres, de 1946 a 1949. Xa libre, Piñeiro voltará a Galiza e desde entón vaise esforzar en mudar radicalmente a estratexia galeguista, prescindindo da opción política e reducíndoa cara á intervención cultural, o que provoca a desvertebración do Partido Galeguista. Froito deste posicionamento, coñecido como "piñeirismo", será a fundación en Vigo de Galaxia (1950), a primeira iniciativa editorial galeguista de posguerra. Como director desta empresa e codirector da revista Grial, Piñeiro dedicarase á promoción e difusión da cultura galega. Desde a mesa do seu gabinete de Xelmirez fomentará entre a mocidade o imposibilismo dunha reactivación política galega e dedicarase á escrita. A súa breve produción ensaística (mesmo a de carácter lingüístico-literario, como a que se recolle en Olladas no futuro, de 1974) ten como punto de partida o pensamento filosófico: Siñificado metafísico da saudade (1951), Pra unha filosofía da saudade (1953), A saudade e Rosalía (1962)...
No ano 1967 ingresa na Real Academia Gallega cun discurso titulado A lingoaxe i as língoas (1967). Xa en época democrática sae eleito deputado independente do Parlamento de Galiza polas listas do PSdeG-PSOE e desde 1983 até a súa morte, acontecida en Compostela en 1990, Ramón Piñeiro será presidente (o primeiro) do Consello da Cultura Galega.

A título póstumo ano 2013 nomeouse Fillo Predilecto de Láncara

 

JOSÉ PEÑA GUITIÁN

Naceu en Toldaos (Láncara) no ano 1926. É médico pediatra. Catedrático da USC.

Realizou os seus estudios de Bacharelato en Lugo e os de Medicina en Santiago(1950). Doutor en Medicina e Ciruxía pola Universidade Complutense (1952).

A súa formación en pediatría e a súa carreira docente inícianse co Prof. Suárez Perdiguero en Santiago de Compostela en 1950, completándose con largas estancias en Bruselas e Giessen e máis breves en París e Londres.

Puericultor do Estado (1957) e Pediatra Consultor da SS. A partir de 1960 Director da Escola de Puericultura de Galicia e Xefe de Servizo e de Departamento no Hospital Universitario (Hospital Clínico e Hospital Xeral de Galicia) ata a súa xubilación. Entre os seus cargos destacan o de Xefe de Estudos da Esc. de Enfermeiras, Director da Escola Profesional de Pediatría ata a súa integración no sistema MIR. Vicedecano (1976-1979), Decano (1979-1981) da Facultade de Medicina. Foi tamén membro da Comisión Nacional de Pediatría do INP.

As súas principais liñas de investigación céntranse nas áreas de Crecemento, Raquitismo, Erros Conxénitos do Metabolismo e Displasias Óseas.

Dirixiu 23 Teses Doutorais e 90 Tesinas de Licenciatura.

Entre as súas distincións: Encomenda e a Gran Cruz da Orde Civil de Sanidade, Premio Nóvoa Santos e a Medalla Castelao de Galicia. No 2013 nomeouse Fillo Predilecto de Láncara

 

BASILIO LOSADA CASTRO

Naceu na Penaboa (Láncara) no ano 1930. É catedrático de filoloxía galego-portuguesa na Universidade de Barcelona. Autor de numerosos estudos críticos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira. Traduciu 150 libros en 7 linguas de autores como Jorge Amado, Saramago, Rosalía de Castro, etc. Recibiu entre outros premios, o Premio Nacional de Traducción, A Creu de San Jordi, A Comenda da Ordem do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués, A orden do Cruzeiro do Sul, de Brasil e a Medalla Castelao da Xunta de Galicia. No ano 2002 nomeouse Fillo Predilecto de Láncara.

 

OS CASTRO EN LÁNCARA

Ángel Mª Bautista Castro Argiz, pai de Fidel Castro, naceu o 5 de decembro de 1875, en Láncara, onde aínda hoxe se conserva a súa vivenda.

O pai de Fidel Castro, casou dúas veces, a 1ª con Mª Argota Reyes, o 25 de marzo de 1911 e tiveron cinco fillos (Manuel, Mª Lila Pérfida, Pedro Emilio, Antonia Mª Dolores e Georgina de la Caridad Castro Argota), dos cales tres deles faleceron a corta idade.

Unha vez disolto o 1º matrimonio, o pai de Fidel Castro contrae matrimonio en segundas nupcias con Lina Ruz González, o 26 de abril de 1943, aínda que os recén casados xa eran pais de sete fillos ( Ángela Mª, Ramón Eusebio, Fidel Alejandro, Raúl Modesto, Juana de la Caridad, Enma Concepción e Agustina del Carmen Castro Ruz.

Dos sete fillos, os tres baróns visitaron a casa paterna e os enclaves máis significativos da familia (Armea de Arriba, S. Pedro de Láncara, A Piqueira)

 

IRMANDAMENTO LA LISA-LÁNCARA

Tivo lugar o 11 de novembro de 2004, pero antes de que este tivese lugar cómpre salientar unha serie de circunstancias que deron lugar ó mesmo.

No ano 1991 Manuel Fraga organiza unha viaxe a Cuba, na que vai acompañado dunha representación de alcaldes galegos, entre eles o alcalde de Láncara, Eladio Capón. Ó ano seguinte, no 1992 vén Fidel Castro a Galicia, invitado por Manuel Fraga, viaxe na que coñecerá a súa casa paterna en Láncara e é agasallado cunha romería popular á que asistiron máis de 1000 persoas. Nela degustaronse viños da terra así como empanada e pulpo. Nesta visita é nomeado Fillo Predilecto de Láncara.

No ano 2001 visita Cuba unha representación lancaresa, que é recibida no Palacio da Revolución por Fidel Castro. Na cea que lles ofrece Fidel Castro, éste proponlles un irmandamento entre Láncara e o municipio de La Lisa (na Habana), e o motivo de elexir La Lisa foi porque tiñas unhas características similares a Láncara, unha economía baseada na agricultura e gandeiría.

No 2004 afiánzase o acto de irmandamento en Cuba, e ó ano seguinte, o 8 de outubro de 2005 vén unha expedición de La Lisa, co seu alcalde á cabeza, Eldis Vargas Camejo, para reafirmar este irmandamento.

Irmandamento La Lisa - Láncara

Irmandamento La Lisa - Láncara

 

LUÍS FERNANDO QUIROGA Y PIÑEIRO

Propietario da Casa Grande de A Pobra de S. Xiao, que conta con 700 anos de historia e que sempre estivo en mans dos Quiroga. A súa familia cedeu os terreos nos que se atopa o Campo da Feira, todo un símbolo do Concello, tamén os terreos de ampliación da Praia fluvial de A Pobra de S. Xiao e a él se debe tamén a creación de Eléctrica de Valdriz. Con motivo desta gratitude por parte do Concello á súa familia a principal rúa da vila leva o nome de Benigno Quiroga, un dos seus ilustres antepasados e un gran benfeitor para o concello.

É enxeñeiro economista pola Universidade Inglesa e empresario de éxito. Exdirector Xeral de explotación de Unión Fenosa, Presidente de Eléctrica Valdriz, S.A., Presidente da fundación Aquis Vía nova, Presidente territorial do Instituto de Estudios Superiores de Empresa IESE entre outros cargos, recibiu a Encomenda da Orde do Mérito civil. No ano 2013 é nomeado Fillo Adoptivo de Láncara.

 

EDUARDO DIZ LÓPEZ “EDIZIO”

Láncara 1917 - A Coruña 2011

Este lancarés dende os 17 anos traballou de maneira interrumpida como aprendiz, traballador cualificado, maestro e empresario pioneiro no seu ramo.

Fundador das empresas Frigo Diz S.A. e Carfrisa S.L.

Artífice e impulsor de normas de relación directa cos seus traballadores, cos cales desenrola unha relación humana exemplar, o cal lle valeu múltiples recoñecementos pola súa parte. Entre eles a Medalla de Ouro ó traballo no 2003 ( a petición dos seus empregados). Éstes tamén quixeron recoñecer a súa labor encargando un monolito coa súa imaxe para a glorieta que leva o seu nome situada no polígono de A Grela ( A Coruña).

Foi directivo da Asociación Nacional de Fabricantes e Instaladores de Maquinaria de Frío e Climatización. Asimesmo tamén foi directivo da Mutua Galega de Accidentes de Traballo e Presidente da Asociación Provincial da Industria Siderometalúrxica.

Nomeado Fillo Predilecto de Láncara no ano 2003. Na Pobra de S. Xiao hai unha praza que leva o seu nome, “Edizlo”. Adquiriu o mobiliario para o salón de actos da Biblioteca Municipal de Láncara e donou para a mesma varios cuadros da súa propiedade.