Enviado por admin a
Próximo a vence-lo período polo que se nomea o Xuiz de Paz titular e substituto deste Concello, en cumprimento co disposto no artigo 101.4 da Lei 6/85, de 1 de xullo do Poder Xudicial de 1 de febreiro de 1989 citados ,no seu día, pola Dirección Xeral de Xustiza e Administración Territorial sobre o desenvolvemento do proceso electoral para elección de ditos cargos, publicase a seguinte,
CONVOCATORIA
1.-Obxeto: Elección de Xuiz de Paz do Concello de Láncara e substituto, polo Pleno do Concello.
2.-Condicións legais que deben reuni-los solicitantes:
-Ser español.
-Maior de idade
-Non incorrer en ningunha das causas de incapacidade previstas no artigo 303 da Lei Orgáncia do Poder Xudicial
3.-Incompatibilidades: As causas de incompatibilidade a que se refiren os artigos 389 e seguintes da citada Lei Orgánica operarán con posterioridade ao nomeamento, mediante opcións que se efectúen os nomeamentos. O exercicio de actividades profesionais ou mercantís non costitúen causa de incompatiblidade.
4.-Prazo de presentación de solicitudes: Un mes contado a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
5.-Documentación que debe acompañarse coa solicitude:
-Certificación de nacemento ou fotocopia autentificada do D.N.I.
-Certificación médica, expedida pola Xefatura Provincial de Sanidade, acreditativa de non estar impedido física ou psíquicamente para a función xudicial.
-Certificación expedida polo rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria a que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980 no seu punto 1 a) “se atopa inculpado ou procesado”.
-Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.
6.-Lugar de presentación de solicitudes: No rexistro deste concello en días laborais e horas de oficina, ou na forma establecida no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Láncara a 4 de maio de 2015.
O ALCALDE,