168 habitantes distribuidos nas entidades de: Asteire, Crescón, Gradín, Airexe, Cruceiro, Santa Cristina, Souto, e Vilar de Toirán. A igrexa parroquial, de orixe románica, atópase en Airexe, con nave e ábsida rectangulares. A fachada reconstruida no século XVIII conserva un rosetón cunha cruz grega inscrita nunha moldura circular, capiteis con decoración de follas e bolas e canzorros, algúns con figuras humanas. Trátase dunha das igrexas máis antigas da provincia. Nesta parroquia atopamos restos da cultura castrexa en Gradín, Airexe e Seixor e restos de explotacións mineiras de orixe romano. A Capela de Gradín, construiuse enriba dun deses antigos asentamentos, no castro de Gradín. Ten dous capelas laterais e pranta de cruz latina, con cúpula sobre o presbiterio.