101 habitantes agrupados nas entidades de: Reboleira, Río, San Martiño, Airexe, e Viladiga. A igrexa parroquial ten nave rectangular e presbiterio máis alto e reducido ca nave. Conta con dúas capelas neoclásicas, unha con acceso dende o exterior e outra dende o interior da igrexa. Conserva interesantes retablos, e unha pedra con relevo de figura humana sentada. Esta pedra formou parte da exposición Galicia no Tempo. O templo está situado nun antigo castro, existindo ademáis os de Diante do Castro e Viládiga nesta parroquia. Destaca tamén nesta parroquia a Casa Loureiro, pazo da familia dos Somoza, que data do ano 1813. Ten patio interior e capela adicada á Inmaculada.