244 habitantes. Entidades de poboación: Castrodelo, Cedrón, Montelora, Piñeiroa, Sáa, Seara, Sobrerriba, Suaxe, Vilarín, Asfarrapa, Cortella, Casablanca, o Furco, Os Carrís, Os Acibeiros, Estaladoira, Busto, Armada e Rebordelo. A igrexa parroquial é de estilo barroco-renacentista. Presenta pranta de cruz latina con dúas capelas nos laterais. Destaca pola súa amplitude e cúpula de seis ventanais. No interior posúe un valioso retablo renacentista, do século XVIII. A Casa Grande ou Pazo de Cedrón sitúase no,lugar de Sáa. De grandes dimensións e pranta cadrada, conserva na porta adintelada un gran escudo heráldico. Conta cun patio interior con arcadas de medio punto e capela adxunta. En Sáa atópase tamén o Pazo de Paredes, de pranta rectangular. É a casa rectoral da localidade. Conserva escudos coa cruz de Santiago e símbolo dos Bolaño. Nas inmediacións da igrexa de Cedrón atópase o castro de A Igrexa, e moi perto do límite municipal con Baralla, o castro de Castrodelos.