Parroquia que consta do núcleo de Vilambrán e nel viven 28 persoas. Ten unha igrexa reconstruida recentemente. Presenta nave rectangular e presbiterio tamén rectangular. Consta de retablos sinxelos de finais do século XVIII, con esculturas de S. Ramón Nonato, S. Antonio de Padua e Sta. Isabel, todas de traza popular e do século XVIII.