Enviado por admin a
Outro ano máis estamos a celebrar a FEIRA DA TENREIRA GALEGA, que xa cumpre XVII.
O vindeiro 1 de maio de 2015, neste tradicional recinto feiral, ofreceremos actuacións de grupos folclóricos rexionais, artesanía, agricultura, mostra de maquinaria agrícola clásica, e o xa consolidado e destacado, concurso de gando vacún e cabalar.
No meu nome e no de toda a corporación municipal, desexamos que a visita a este pobo sexa do agrado de todos e que disfruten desta romaría popular, cultural e gastronómica.
Benvidos a todos e a todas, co meu desexo para unha grata estadía neste pobo.
Unha aperta.
Eladio Capón López - Alcalde de Láncara
A continuación poden ver o programa completo da XVII Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara, e información e actividades destacadas do evento, como o Menú Degustación, exhibición de maquinaria agrícola clásica e produtos artesáns, sorteos e concursos.