Enviado por adm el
|
O domingo 9 de Agosto, a Asociación Cultural Val de Láncara
organizará a festa da Malla como tradición de todos estes anos.
Os actos comezarán dende as primeiras horas da mañá nas cales os
traballadores se implicarán para separar os graos de pan da espiga,
facendo un pequeno descanso na que non faltará augardente e un
pequeno aperitivo. Finalmente realizarán o palleiro.
Como non, os actos estarán amenizados por unha charanga e
concluirán cunha comida popular na carballeira da Muiñeira con un
menú típico: fréxeles, cachola, chourizos, empanada,etc.
Así que xa sabedes, ANIMADEVOS A VIR E NON FALTEDES!
ORGANIZA : COLABORA:
|
|